O FEITO A MAN

foto de Yolanda Martínez Cores

foto de Yolanda Martínez Cores

Feito a Man é un festival de rúa organizado pola  ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA  que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxectivos fundamentais do festival Feito A Man é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.

Os escenarios de Feito a Man son as rúas e prazas da cidade histórica de Compostela que se converten nun marco singular para deixar o protagonismo ao artista, o espectador, o espazo e as sinerxias que entre eles se producen.

foto de Yolanda Martínez Cores

Polos diferentes espazos do Festival, durante estes anos pasaron artistas como Lobalú, Fanfare Ciocarlia, Chévere, Alejandro Vargas Trío, Super Ratones, Es un árbol, Fluzo, Dr. Gringo, Aline Frazao, Davide Salvado, Ricardo Parada, Xoán Curiel, Dirty Socks, Xacobe Martínez, In Reverse, Los Chavales, Tony Lomba e Elio dos Santos, Fred Martins, Marcos Teira, O Coro da Rá, Aló Django, … entre moitos outros.

 

 

 

A ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA é unha asociación que reune locais de hostelería da zona vella compostelana cun compromiso claro coa cultura e coa cidade, dende fai máis de 25 anos.

A aposta pola singularidade, pola diversidade, pola creatividade, polo propio e polo alleo, pola xente e pola festa son os ingredentes recollidos paseniño ao longo destes 25 anos.

Apostamos por unha cultura sostible…para facer do talento creativo da cidade motor de transformación.

Queremos unha cidade viva…. para disfrutar de experiencias singulares e participativas nun entorno único .

Apostamos por procesos colaborativos… ideas e paixón para desenvolver proxectos innovadores e libres cunha comunidade activa, orgullosa e implicada na transformación social.

Temos vontade transformadora…para facer da cidade vella un lugar de vida singular; un lugar único no que asentar novas posibilidades de desenvovemento baseadas na vitalidade social, económica e cultural.

Facemos un traballo singular: Unha hostelería próxima, creativa, honesta e profesional.

 

A Asociación Cultural Cidade Vella actualmente somos:

A Casa das Crechas (Vía Sacra, nº3)

A Gramola (Praza de Cervantes, nº10)

A Reixa (Trás Salomé, nº3)

Atlántico (Fonte de San Miguel, nº9)

Borriquita de Belém (San Paio de Antealtares, nº22)

Camalea (San Martiño Pinario, nº4)

Embora (Tras San Fiz de Solovio, nº 2)

Fraggle Rock (Rodas, nº17)

Literarios (Praza da Quintna, nº1)

Modus Vivendi (Praza de Feixóo, nº1)

Momo A rúa (Virxe da Cerca, nº23)

Ultramarinos (Casas Reais, nº34)