CARLOS BLANCO e QUICO CADAVAL

AO VIVO NA QUINTANA DOS MORTOS

O espazo emblemático de Santiago de Compostela, a maior necrópole do país prepárase para piorar o seu triste historial coa presenza destes dous artistas.Tom Jones, Beiras, Siniestro Total, Xullo Igrexas e tantos outros xa experimentaron os sete ecos da praza da Quintana, agora son Blanco&Cadaval, dous artistas que non precisan apresentación. Levan vinte anos sobre os palcos dos mellores e os piores teatros de Galiza e do estranxeiro e parece que ainda comezaron o milenio pasado. Considerados os artistas da palabra máis caros do país deciden dar un show low-cost para que os seus fans poidan convidar aos seus fillos e fillas para ver os seus ídolos de mocidade. Como di Carlos, ou Quico, “Que vellos vamos, meu” E di o outro “Si, e que novo está o público”.

 

Advertisements