FOLIADA OXFORD UNIVERSITY CEILIDH

(Oxford. Reino Unido)

A Oxford University Ceilidh Band nace no Reino Unido en 2011 como unha banda folque de mozas e mozos que nun tris poñen os pés do público a danzar ao ritmo dos seus instrumentos. A música que tocan está feita á medida para bailar nun céilidh, a palabra gaélica que vén a ser sinónimo das nosas foliadas ou seráns. Dentro da banda hai persoas encargadas de ensinarlle ao público as danzas; non hai quen quede sen bailar nun céilidh.

 

Advertisements