GRAMPODER

(Galicia)

Hardcore comeflores

Grampoder son Le Roi e Martin Wu, antigos compoñentes de bandas como The Homens, Stay Pretty ou Fame Neghra. Fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, tendas de discos, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario. O disco inclúe doce cancións que envolven en melodía, psicodelia, folk e tropicalismo unhas letras rabiosas e desencantadas.

 

Advertisements