IGMIG

(Galicia)

Techno. Postpunk. Rock progresivo.

Igmig é un trío musical vigués dificil de encasillar: grandes doses de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do s. XX como o serialismo e a improvisación. As súas letras recordan o dadaísmo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo. A posta en escena é tremendamente eufórica, non queda un minuto para o descanso, os corpos bailan e súan electrizados. Enormes doses de interacción co público e moito humor.

 

Advertisements