ISAÍAS SALAZAR TRÍO

(Galicia)

Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único e rotundo. Eso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar. Acompáñao Iria Peña ao cante e Miguel Flores á guitarra. Todo encaixa, os sons veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere dicir e cómo dicilo. A linguaxe: o flamenco. Con elegancia, pero sen límites expresivos, Isaías Salazar Trío lévanos de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza.