LADY CHATARRA

(Galicia)

Froito da chatarra que deixaron grupos de Ordes e Cerceda, xurde Lady Chatarra. Rock con actitude e letras en galego que plasman a situación actual que estamos a vivir. Había que contalo e o xeito de facelo é desde a ironía e a irreverencia do rocanrol con influencias de grupos escandinavos dos que se nutren Lady Chatarra. Se che falta algunha peza musical na túa vida, acude a un desguace-concerto de Lady Chatarra, alí poderás atopar o que precises.

 

Advertisements