VALENTÍN CAAMAÑO TRÍO

(Galicia)

Valentín Caamaño Tubío é un guitarrista, vocalista e compositor nacido en Santiago de Compostela. Co seu proxecto de Valentín Caamaño Trio presenta unha proposta de jazz que entronca coa tradición do estilo, pero a través da súa persoal relación con el e co seu instrumento. Nesta ocasión, contará coa colaboración de dous músicos excepcionais, de ampla experiencia no panorama jazzístico: Alfonso Calvo ao contrabaixo e LAR Legido á batería.

 

Advertisements