AGORAPHOBIA

(Galicia)

Garaxe, indie, rock.

Agoraphobia é  unha banda femenina de rock orixinaria de Boiro (A Coruña). Nace arredor do 2006 como un cuarteto de amigas de instituto que compartían o gusto pola música punk e as ganas de facer as súas propias cancións. Co paso do tempo fóronlle dando forma á banda actual e tamén foi evolucionando o xénero musical ata achegarse ao garaxe rock, tomando influencias variadas que van dende a música dos 60 e 70 ata artistas como Violent Femmes, The Donnas ou os Yeah Yeah Yeahs.