MARCOS TEIRA & TON RISCO

(Galicia)

Jazz.

A Galiza non é terra de flamenco, pero tampouco é lugar onde abunden os vibrafonistas de jazz. Quizáis é por iso que estes dous músicos infrecuentes se buscasen para vivir un affair musical no que cordas e láminas conforman unha mini orquestra dirixida por uñas e baquetas. Dous instrumentos de forte carácter percusivo e timbres moi diferentes, pero que se entenden á perfeción. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan na música deste dúo unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición propia. Unha combinación, cando menos, singular, que non deixará indiferente a quen a escoite.